Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festas con día de propina

    Orquesta Olympus 2012 - Montadores - 01 O escenario de Olympus no inicio da súa montaxe nas pasadas festas da Pascua en Padrón. A orquestra, acompañada de Metrópolis, é a última incorporación ao programa das festas do Esto (Cabana de Bergantiños)

    O Esto, parroquia de Cabana de Bergantiños, terá como cada ano as súas festas do San Xoán a próxima fin de semana. E para alegría dos máis festeiros, con propina. Porque ao programa oficial que se distribuíu hai uns días e que podes ver tamén na nosa conta de Facebook hai que lle engadir un día máis.

    E así, á actuación do sábado 24, por parte do grupo TREN DA UNHA e doutra formación por determinar; á do día 25 co grupo pontevedrés OCÉANO, e á última do día 26 onde está previsto que actúen os amigos de SAMBA, hai que engadir o día 23, no que estarán fronte a fronte o grupo METRÓPOLIS e a orquestra OLYMPUS de Negreira, que presentará o seu espectáculo El futuro comienza hoy.

    Non é mala propina; pola contra, o venres convértese no día máis forte das celebracións coa actuación de dúas formacións musicais que avanzan catro días de festas por todo o alto e competindo co San Xoán de Carballo.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook