Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa por partida dobre en Santiago

    Samba 2012 - grupo - cartelO grupo Samba é o encargado de abrir hoxe as festas de Fontiñas, acompañado da orquestra La Bámbola. Cerrará mañá as de Bando, ambas en Santiago de Compostela

    E iso que este ano non coinciden as do Castiñeiriño, que serán a semana próxima, senón aínda sería máis. En Compostela, na zona de Bando e no barrio de Fontiñas comezan hoxe as festas durante dous días.

    FONTIÑAS

    No barrio de Fontiñas para a noite do sábado contarase co grupo SAMBA, que comeza a festa ás 23 horas, e coa orquestra LA BÁMBOLA. O domingo chegará ao barrio o espectáculo da orquestra OLYMPUS.

    BANDO

    A orquestra GALILEA e o grupo MASTER abrirán as festas en Bando, que cerrará SAMBA o domingo.

    A próxima semana seguiremos informando de festas en Compostela, chegarán as do Castiñeiriño, mentres, temos dúas opcións pola zona.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook