Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa por partida dobre en Arteixo

    Aché 2012 - orquesta - cartelEn Uxes (Arteixo) actúa esta noite a orquestra Aché, a só dez minutos do campo de festas de Arteixo, onde estará París de Noia

    Non sempre coinciden pero si moitos anos. Estamos a falar das patronais de Uxes e das Festas das Flores, as dúas en Arteixo. E este ano é un deses nos que hai que repartirse para acudir a estas celebracións. Hoxe comezan as festas nos dous lugares e o esforzo por ofrecer unhas boas festas e "roubarlles" aos veciños asistencia non se fixo esperar e queda patente nos programas de ambas localidades. Por que é moi pouco habitual que na Festa das Flores de Arteixo actúe unha orquestra como PARÍS DE NOIA se non é para contrarrestar o cartel de Uxes, con ACHÉ.

    E é que en Arteixo os pratos fortes de verbena gárdanse para as patronais do mes de xullo, pero coa artillería que poñen os veciños de Uxes hai que espabilar. SALSA ROSA e CICLÓN actúan na noite do sábado mentres en Arteixo estará LA BANDA DEL CAMIÓN e a orquestra VERSALLES. Uff!!! Vaia decisión para ir á festa.

    Quen o ten máis fácil é o domingo a orquestra FOLIADA, que cerrará o cartel de Uxes. En Arteixo xa só haberá sesión vermú cun grupo musical. A tesoira dos recortes cortou aquí a última verbena habitual o domingo pola noite. En Uxes tamén houbo anos de catro días de festa. A crise afecta a todos pero aínda así o cartel é moi atractivo para os tempos que corren.

    E o que queira ir ver un cacho de cada actuación tamén o pode facer. Só 10 minutos en coche separan un campo da festa doutro. A decisión non é boa de tomar, son todos grandes nomes para a festa desta fin de semana.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook