Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa patronal antes de saír ao bonito

    Burela 2012 - Festas patronais - programaBurela está en plenas festas patronais. Celebran a Virxe do Carme, unha celebración de mediados de xullo que aquí se adianta para que os mariñeiros poidan gozar da cita pesqueira anual máis grande antes de coller ruta para o bonito, principal labor mariñeira na vila e pola que é ben famosa incluso fóra das nosas fronteiras.

    Grandes e multitudinarias son as festas de Burela e o cartel, moi completo e diverso. Pola vila pasaron e pasarán formacións musicais como SUPER COMBO, GARIBALDI, PARÍS DE NOIA, SAMBA, TEKILA, CINEMA ou CICLÓN. Para o cerre desta edición, o próximo luns, contarase coa actuación das orquestras PALLADIUM e PANORAMA.

    Despois do martes Burela volverá á normalidade e a frota poderá ir ao bonito; á volta volverá a haber festa. Nesa ocasión sobre principios de agosto para facer unha nova edición da Festa do Bonito. Entre festa e festa, que se note que Burela é o porto máis importante deste tipo de peixe.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook