Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa para ver a Lucía Pérez en Eurovisión

    lucia-perez-2011-tveA cantante luguesa Lucía Pérez actúa esta noite en Eurovisión coa canción 'Que me quiten lo bailao'

    Chegou o día. Hoxe é a noite de Eurovisión e pode ser a noite de Lucía Pérez. A artista galega representará hoxe a España no popular festival da canción. E ante a expectación que o concurso festivaleiro crea este ano na nosa terra por ser unha galega a representante, organizouse unha festa en Lugo para crear aínda máis expectación e entre todos apoiar a cantante.

    Aquí publicamos todos os datos que nos chegan por parte da organización. E para todos os que non poidan asistir á festa sempre queda ver o festival por TVE a partir das 21.00 horas.

    Temos que mencionar os nosos amigos de Galicia en Festas que están levando a cabo estes días un gran traballo de información achegándonos todas as novas sobre Lucía Pérez e o festival.

    ___________________________________

    FESTA DE APOIO A LUCÍA PÉREZ

    ENTORNO DO EDIFICIO DA DEPUTACIÓN DE LUGO

    Entre as sorpresas, agasallos e actividades gratuítas e dirixidas a tódolos públicos que ofreceremos dende a Deputación de Lugo para que disfrutedes dun día inolvidable:

    - Degustacións gratuítas de produtos "Lugo Sabe" (embutidos, queixos, pan e derivados, e doces, entre outros artigos de alimentación autóctonos, cedidos de balde polas empresas que acadaron esta marca).

    - Xogos inchables.

    - Karaokes.

    - Talleres para elaborar chapas e bandeirolas coa imaxe de Lucía Pérez

    - O Centro de Innovación Social In Lugo instalará unha pista de baile virtual na que pequenos e maiores poderán practicar todo tipo de pasos de danza.

    - A Fundación TIC realizará un cásting entre os asistentes para elixir a colaboradores que apoien ó presentador que guiará a velada e mostrará nun obradoiro como ser cámara de televisión.

    - Entre as 18:00 e as 20:00 horas haberá visitas guiadas en pequenos grupos polas inmediacións do edificio da Deputación nas que técnicos do Plan Urban, explicarán polo miúdo en que consisten as obras de remodelación e mellora que se están levando a cabo nos propios xardíns e na praza de San Marcos, e como quedarán estes espazos tralas actuacións, que concluirán neste mes.

    - Finalmente, ás 21:00 horas comezará a retransmisión en directo de Eurovisión, que se proxectará en dúas pantallas xigantes colocadas nos xardíns exteriores e no salón de actos da Deputación, e durante a que haberá numerosos sorteos de agasallos...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook