Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 21
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa gastronómica e música de catro orquestras en Callobre

    A Estrada 2013 - Festa do porco á brasa en Callobre - cartelÉ bastante habitual unha programación festiva con dúas orquestras, tamén con tres, aínda que moito menos, pero catro formacións musicais para unha noite é moi pouco usual.

    Iso é o que vai acontecer na Festa do porco á brasa de Callobre, A Estrada, coa actuación de catro bandas verbeneiras para a noite do venres.

    A modo de presentación de temporada, as orquestras COPACABANA (acompañada dos seus mariachis), IMPACTO, MARIMBA e CANADÁ ofrecerán un adianto do que será o verán 2013. Orquestras incluídas no catálogo da nova axencia Galicia Espectáculo e que traerán xa os seus novos repertorios e novidades de cara á nova temporada que xa comeza.

    Quizais a que máis novidades traerá de todas elas sexa a orquestra CANADÁ, con compoñentes novos, unha dianteira masculina que se estrea na formación e novo escenario. A temporada xa está comezando e as orquestras mostran as súas bazas de cara a afrontar unha nova campaña. En Callobre, música da man de catro orquestras ata altas horas da madrugada.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook