Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa e viño en Barrantes

    Ribadumia 2012 - XL Festa do Viño Tinto do Salnés en Barrantes - cartelHoxe comeza a XL Festa do Viño Tinto do Salnés, en Barrantes, na carballeira, punto cero das celebracións un ano máis nesta localidade pontevedresa.

    E a crise nótase, e moito, no cartel da edición de 2012, sobre todo se o comparamos cos dous anos anteriores. Aínda así non deixa de ser atractivo e malia o recorte pasarán algunhas das consideradas mellores orquestras do momento. Algunhas delas, como a SINTONÍA DE VIGO, POCEIRO ou PANORAMA, repiten xa en Barrantes. COSTA OESTE, o sábado xunto coa SINTONÍA, será o prato forte da segunda noite de festas. Antes, hoxe venres, concerto con varios grupos e a tradicional verbena da man, unha vez máis, da orquestra POCEIRO liderada polo incombustible Miguel Torres.

    E o domingo é, quizais, a xornada na que máis se vai notar o recorte, pois a pesar de contar coa orquestra PANORAMA e o seu novo espectáculo MAGIC TOUR 2012. La gira del Sol, será esta a única formación musical de verbena nunha xornada na que viñan actuando dúas orquestras. De todos os xeitos, aínda non habendo a Gala que nestas dúas pasadas temporadas permitiron gozar da orquestra PARÍS DE NOIA con artistas invitados, e de non haber tampouco dúas orquestras o domingo, o cartel de Barrantes segue sendo un dos máis completos da zona por todas as actividades que ofrece, e levará milleiros de festeiros durante estes tres días de festa, verbena e viño.

    Ribadumia 2012 - XL Festa do Viño Tinto do Salnés en Barrantes - programa 1 Ribadumia 2012 - XL Festa do Viño Tinto do Salnés en Barrantes - programa 2

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook