Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Junio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa e viño de nivel en Barrantes

    ribadumia-barrantes-2010-cartelJARABE DE PALO E AS ORQUESTRAS POCEIRO, FOLIADA, SINTONÍA DE VIGO, PARÍS DE NOIA E PANORAMA EN BARRANTES

    No concello pontevedrés de Ribadumia, concretamente en Barrantes, celebrarán esta fin de semana a Festa do Viño Tinto do Salnés por todo o alto.

    Para empezar a celebración, que se está aproximando aos 40 anos de existencia, un concerto de nivel e ademais gratuíto: JARABE DE PALO actuará na carballeira ás 00.30 horas. Para quentar motores, a orquestra POCEIRO fará un pase desde as 22.30 e outro ao rematar a actuación dun dos grupos pop máis importantes da década.

    O sábado pasarán por Barrantes as orquestras FOLIADA da Coruña e SINTONÍA de Vigo e xa para rematar, o domingo, PARÍS DE NOIA e PANORAMA repiten de novo nas populares festas.

    O ano pasado foi aquí onde a PARÍS DE NOIA ofreceu a súa festa X Aniversario con numerosos artistas invitados. A PANORAMA tamén estivo o ano pasado en Barrantes, e por partida dobre; a chuvia obrigou a suspender a actuación da orquestra e de PHILADELPHIA, que a acompañaba para cerrar as festas, e houbo que facela outro día. Este ano non hai perigo de chuvia...

    Atraccións de feira, degustación do viño, stands de produtos e diversas actividades lúdicas e festivas completan o programa que podes consultar na páxina web do Concello de Ribadumia.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook