Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa e cultura no barrio compostelán de San Pedro

    Santiago de Compostela 2012 - Festas do barrio de San Pedro - cartelComo cada ano por estas datas, o barrio de San Pedro compostelán reventa en festas e actividades culturais

    O barrio de San Pedro, en Santiago de Compostela, está en plenas festas ata o vindeiro domingo. Vendo o cartel, que abandona as ilustracións dos últimos anos ata 2010, verdadeiras obras de arte, e ofrece un curioso e singular deseño máis acorde co presentado o pasado ano, decatámonos de que aínda que hai actos e actividades propios das festas populares (verbenas, churrascada, romaría…) priman nestas celebracións outros actos máis lúdico-culturais que converten estas festas en referencia para toda Galicia como poden ser os obradoiros, o teatro, cabaret, circo na rúa, exposicións, poesía e mesmo astronomía. Danza, teatro, contacontos, títeres, cabezudos e pasarrúas completan un programa acugulado de actividades programadas para cinco días de festa.

    No apartado de verbenas cabe salientar a actuación da orquestra ATLANTA o sábado día 30, orquestra que chega a San Pedro despois destes tres últimos anos nos que actuaran as orquestras MARIMBA (2011) e LAMAS (2009 e 2010). As festas rematan o domingo no parque de Belvís con obradoiros, actuacións, xogos populares, polbo e churrasco.

    Programa de 2012

    27, 28, 29, 30 de Xuño e 1 de Xullo de 2012

    MÉRCORES 27

    22.00h MÚSICA. (Praza da Angustia)

    Talabarte

    23.00h CONTACONTOS. (Adro da Igrexa da Angustia)

    María da Pontragha

    XOVES 28

    18.00h. CAFÉ DA MEMORIA (No Museo do Pobo Galego)

    Gaiteiros

    20.00h. VIDEO-FORO (Na Xuntanza, Rúa Fraguas)

    A crise da débeda

    22.30h. FOLIADA. (Praza 8 de marzo)

    Maghúa Os Modernos Ardentía

    VENRES 29

    19.00h. ENCONTRO DE CORAIS. (Museo do Pobo Galego)

    Coral «A Xuntanza» Duo Mara Coral José Saramago

    19.00h. PASARRÚAS E CONCERTO. (Praza de Home Santo)

    Banda de Lousame

    19.00h. PASARRÚAS E CABEZUDOS. Tabernícolas 20.30h. DANZA. (Na Praciña de San Pedro)

    Mostra do Centro Starben «Un disfraz equivocado» Cía. Cisma

    22:00 NOITE DO LASTRO. (Praza 8 de Marzo)

    Presenta: Leo i Arremecághona! Sacha na horta Dios Ke Te Crew Terbutalina

    SÁBADO 30

    10:00h. PERFORMANCE. «Alborada de Pedra».Diana musical a cargo de Mónica de Nut. 11.00h. FEIRA. (Rúa de San Pedro) 11.00h. ALMORZO NA RÚA. (Praciña de San Pedro) 11.00h. PASARRÚAS. Un de cada. 12:00h. RECITAL POÉTICO E MUSICAL. (Na Praza 8 de Marzo)

    A Rebelión da Décima Musa V

    12.30h. LÍNGUA DE SIGNOS. (Na Praciña de San Pedro) 13.30h SESIÓN VERMOUTH. (No Torreiro)

    Orquestra ATLANTA.

    14.15h. PASARRÚAS. A Magnifique Band dos Homes Sen Medo. (Do Torreiro á Praza 8 de Marzo) 17.00h. A RÚA EN DANZA: Espacio Aberto. Clase de Tango. (Na Praciña de San Pedro) 17.00h. CIRCO DE RÚA. «Velocíclopes» Fantoches Baj. (Na Praza 8 de Marzo)

    18.00h. PASARRÚAS/ACTUACIÓN.

    Grupo de música e baile tradicionais Brincadeira

    19.00h. CIRCO DE RÚA. (Na praciña de San Pedro)

    Pedro

    19.00h. CABARET. «Unha cadeira para movelo mundo» Femme Fatale  (Na Rúa de San Pedro) 20.00h. ASTRONOMÍA NA BEIRARRÚA 20.00h. CONCERTO. (Na Praza 8 de Marzo)

    Xerock

    22.30h. VERBENA. (No Torreiro)

    Orquestra ATLANTA.

    DOMINGO 1

    10.00h. DEPORTE. I Romaría do Fútbol. (Campo de Belvís) 11.00h. PASARRÚAS.

    Quarteto da Gentalha do Píchel Gaiteiros da Xuntanza

    12.00h. TEATRO. (Na Praza 8 de Marzo)

    Grupo de Teatro «A Xuntanza»

    13.00h. PASARRÚAS.

    Grupo de Baile e Gaiteiros da Xuntanza e Escola de Pandeireta de Brincadeira

    14.00h. ROMARÍA. (Parque de Belvís)

    Os Estalotes As pandereteiras de Toutón e Pazos de Borbén Xandobela Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional Polbo e Churrasco

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook