Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa da Xuventude de Oroso: hoxe si

    Olympus 2013 - orquesta - cartelOlympus xa presenta o seu novo espectáculo, Burlesque

    En Sigüeiro hoxe si haberá festa. Se en Semana Santa foi imposible levar a cabo o cartel festeiro en Sigüeiro e noutras localidades onde houbo que suspender as festas polo temporal. Incluso algunha formación musical como GALILEA ou PANORAMA sufriron desperfectos nos seus escenarios.

    Hoxe, xa coa meteoroloxía calmada (e parece que seguirá así durante días), retómase a festa que fora suspendida en Oroso. Na localidade máis importante deste concello, Sigüeiro, a festa está servida coa orquestra OLYMPUS e o seu espectáculo Burlesque, acabadiño de estrear. Mais desta volta non será a orquestra CANADÁ, que actúa en Santa Comba, a segunda formación musical, tal como aparecía no cartel orixinal do xoves santo, senón o afamado grupo AMÉRICA.

    Dous repertorios distintos pero complementarios para unha festa completa en Oroso; e pronto a Festa da Troita, que traerá máis verbenas á localidade de Sigüeiro.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook