Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa con moitas orellas

    Grupo Limón 2011 - cartel 1O grupo Limón ameniza a verbena nocturna en San Fins de Sales, Vedra

    A parroquia de San Fins de Sales, no concello de Vedra, celebra durante todo o día de hoxe a Festa da orella de Sales. De maneira gratuíta os asistentes poderán degustar a orella doce e mais a orella salgada preparadas de diferentes formas.

    A música estará moi presente da man de varias charangas e grupos durante todo o día: Grupo de Baile de San Fins de Sales, Grupo de Raiolo de San Xián de Sales, A Requinta da Laxeira de San Pedro de Sarandón, A Gaita de Sarandón, a charanga Zum-Bom de Santiago de Compostela e mais a charanga O Recobío de Vaamonde.

    E para rematar, haberá verbena amenizada polo renovado grupo LIMÓN a partir das 20.00 horas.

    Corre a Vedra se non queres quedar sen orellas!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook