Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa completa en Ambroa

    Irixoa 2013 - Festa da xuventude en Ambroa - cartel

    En terras de Irixoa están a horas dunha das citas verbeneiras máis potentes da comarca. A Festa da Xuventude de Irixoa, coa actuación de dúas orquestras e dous DJ para ofrecer unha noite de festa ata altas horas da madrugada.

    Como o tempo non vai acompañar, nada mellor que bailar baixo tellado. Para iso colocarase no campo da festa unha carpa dobre para acoller a multitude de festeiros que se agarda a partir das 21.00 horas para a gran churrascada a prezos populares e, sobre todo, a partir das 23.00 horas cando comezarán as actuacións das orquestras CANADÁ e OLYMPUS con moitas novidades de repertorio e montaxes.

    Para completar o cartel, pasarán por Ambroa, tamén, dous DJ de Radio Líder, Manu López e Marcos Magán e ademais, como en moitas festas da xuventude, o bochinche estará atendido pola comisión de festas para recadar fondos para as celebracións do verán, con prezos anticrise.

    É unha boa opción para  a noite do mércores santo; e para aqueles que non poidan ir, o cartel case exacto repetirase o día seguinte en Oroso.

    Semana Santa verbeneira aínda que pasada por auga.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook