Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 29
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa a Festa cumpre dous anos de vida

    Festa a Festa 2011

    Adaptación dun orixinal de Eduardo Baaamonde para a imaxe 2011 de Festa a Festa

    Festa a Festa está de aniversario; levamos xa dous anos informando sobre o mundo das orquestras e festas e os resultados acadados durante os vinte e catro meses de vida son moi positivos:

    Máis de 1.000 artigos publicados

    Máis de 130.000 visitas

    Máis de 280 vídeos subidos de orquestras e festas

    Máis de 1.300 fotografías de orquestras subidas á conta de Flickr

    160 carteis promocionais de orquestras

    Máis de 300 carteis promocionais de festas

    Máis de 1.200 amigos na conta de Facebook

    E con estas cifras detrás do noso traballo seguiremos ao pé do canón esperando poder ofrecer, dentro das nosas limitadas posibilidades de medios e sobre todo de tempo, pero con todas as ganas de sempre, o mellor que podemos máis información de orquestras e festas, novas galerías de fotos e vídeos das formacións musicais; das festas populares en definitiva. A todos os que nos seguides MOITAS GRAZAS!!!

    Festa a FestaIlustración de Eduardo Baamonde para o primeiro aniversario de Festa a Festa

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook