Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Agosto
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ferrol comeza as súas festas máis baratas

    Ferrol 2013 - Festas do Verán - cartel

    A cidade de Ferrol estará dende hoxe e ata o último día de mes coas festas. Un programa algo descafeinado no que se botan en falta máis orquestras e actuacións galegas. Non é que o que ofrece a cidade departamental non sexa atractivo, pois entre outras propostas contarase coa actuación de MELOCOS, JUAN MAGÁN ou FANGORIA (cerrando o sábado 31 as festas), senón que se nota a ausencia de máis verbenas de rúa e tamén algún concerto dalgún músico ou grupo galego con música galega; pois este ano só haberá dúas actuacións verbeneiras, unha para celebrar o Día da Empanada, na que actuará a orquestra BAHÍA acompañada por Juan Costas, e outra da man dunha das orquestras que máis seguidores arrastra: PANORAMA co seu Remember Tour 2013.

    Ferrol súmase ao grupo de cidades como Vilagarcía de Arousa ou Ourense, que optan por reducir nas verbenas populares para poder manter nos carteis algúns grupos de renome e atraer público ás actuacións fronte a outras como Pontevedra, que mantivo no cartel da Peregrina as verbenas populares case diarias con formacións musicais de todos os prezos.

    Con todo, Ferrol gasta nas súas festas do verán 210.000 € para ofrecer a actuación dunha das consideradas mellores orquestras de Galicia e varios concertos de todos os estilos, desde JUAN MAGÁN a FRANCISCO, pasando polo pop comercial de MELOCOS ou FANGORIA.

    Desde hoxe, Ferrol vístese de festa cun programa musical variado (podía selo máis) e un recinto de atraccións de feira no porto. O musical Un día cualquiera, con Marta Sánchez, Jaime Urrutia, Miguel Costas ou Javier Ojeda, entre outros, abre as celebracións ata o día de San Ramón. Boas festas!

    Ferrol 2013 - Festas do Verán - programa I Ferrol 2013 - Festas do Verán - programa II

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook