Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Diciembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Feliz 2012 cheo de festas

    E xa imos polo terceiro ano en Festa a Festa. Algunhas complicacións técnicas impedíronnos funcionar con normalidade neste último mes. Esperamos poder solucionar estes problemas para volver con forza en 2012. Polo menos ganas non nos han de faltar, para poder seguir ofrecendo información das festas e orquestras en Galicia.

    Parece que será un ano un pouco complicado, por iso desde Festa a Festa queremos dar moitos ánimos a todas as comisións de festas e o noso apoio a todas as formacións musicais que se dedican a ofrecer a súa música nas celebracións populares de Galicia, desde a máis pequena e humilde ata as máis grandes.

    No primeiro mes de 2012 publicaremos unha extensa mostra de vídeos de 2011 que aínda están pendentes por problemas técnicos e falta de tempo. Tamén intentaremos publicar algunha galería de fotos do que foi a xa temporada pasada.

    E a partir de marzo empezaremos forte coas Festas da Xuventude, o Entroido e algunhas citas importantes no campo da festa.

    A todos moitas grazas por visitarnos e por estar sempre aí. Seguiremos traballando desinteresadamente por e para a FESTA en Galicia.

    Desde Ribeira para tod@s BO NADAL E FELIZ 2012!!!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook