Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Febrero
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Feira rural a media hora do centro da cidade

    lugo-2011-feira-do-entroido-de-nadela-cartel FEIRA DO ENTROIDO EN NADELA (LUGO)

    Está a só sete quilómetros do centro da cidade de Lugo pero parece que houbese moitos máis. A paisaxe cambia drasticamente en Nadela, e esta paraxe case idílica aprovéitase o próximo domingo para ofrecer ao público, un ano máis, a xa tradicional Feira do Entroido. Un completo programa, con música incluída, desta vez da man da orquestra POCEIRO, e todas as facilidades porque mesmo haberá unha liña de buses gratuíta desde Lugo, que sae do IES Virxe dos Ollos Grandes (na entrada do recinto feiral do San Froilán).

    Ofrecemos aquí o programa no que salienta a venda de produtos típicos do Entroido e a degustación, animación de charangas e pasarrúas, música de orquestra... como cada ano, en Nadela a feira e a festa fúndense para ofrecer un día especial.

    PROGRAMA:

    09:00h. - Comezo da feira: Asignación de postos e exposición e venda dos productos. - Pasarúas e actuacións a cargo de grupos rexionais e charangas ó longo de toda a mañá. 12:00h. - Recepción de autoridades, que percorrerán a feira e entregarán un obsequio ós vendedores concorrentes. 13:00h. - Palabras de benvida aos asistentes por parte do alcalde de Lugo D. José C. López Orozco e pregón a conta de D. Jesús Vázquez Varela (presidente da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo). 13:30h. - Degustación de produtos típicos do Entroido e convite a un viño galego. - Sesión vermú coa Orquestra POCEIRO. - Menús especiais e cocidos nos restaurantes da vila. 21:00h. - Festa verbena amenizada pola orquestra POCEIRO.

    Poceiro 2009 - orquesta - cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook