Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Febrero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Feira gastronómica e festa en Lalín

    lalin-2010-42-feira-do-cocidoCartel da XLII edición da Feira do Cocido de Lalín

    SÁBADO 6 DE FEBREIRO: I FESTA DA XUVENTUDE DE LALÍN CON PARÍS DE NOIA E CINEMA

    DOMINGO 7 DE FEBREIRO: FEIRA DO COCIDO DE LALÍN

    Un ano máis chega o momento da exaltación do cocido en Lalín, unha das citas máis importantes das terras do Deza. Todo tipo de actividades lúdicas, gastronómicas e culturais na antesala do Entroido. Desde o venres ata o domingo terán lugar multitude de actividades, entre elas as musicais: Gala do Cocido o venres pola noite e I Festa da Xuventude o sábado coas orquestras PARÍS DE NOIA e CINEMA.

    Unha celebración a ter en conta cada ano por estas datas e que edición a edición vai engadindo novos atractivos para consolidar unha cita lúdico festiva de primeira orde no noso acervo cultural.

    As orixes da Feira do Cocido de Lalín, que o domingo 7 de febreiro celebra a súa cuadraxésimo segunda edición, remóntanse a 1968, data na que os alcaldes dos seis concellos da Comarca de Deza (Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Rodeiro, Agolada e Dozón) acordaron reunirse para artellar unha estratexia de difusión e comercialización dos produtos típicos relacionados coa gastronomía.

    Tras unha primeira experiencia baixo o lema “Unidos polo mesmo afán”, e seguindo a tradición dun grupo de lalinenses que cada ano se xuntaba para comer cocido, foi o Concello de Lalín quen asumiu a iniciativa para pór en práctica as ideas xurdidas naquel encontro mediante a creación da Feira do Cocido. Esta festa gastronómica celebrouse por primeira vez en 1969 para exaltar o prato máis tradicional e senlleiro da cociña galega, O COCIDO, que en Lalín toma carta de identidade propia.

    Dende entón, esta feira foi e segue a ser unha referencia imprescindible no calendario gastronómico galego e unha cita ineludible como prólogo do Entroido, xa que a Feira do Cocido de Lalín celébrase sempre o domingo anterior ao domingo de Entroido. Ao longo da súa exitosa historia, a Feira do Cocido de Lalín soubo manter os seus sinais de identidade e, ao mesmo tempo, foise renovando con novas propostas e actividades que contribuíron a revitalizala e a incrementar a súa repercusión.

    O traballo desenvolvido polo Concello de Lalín como impulsor da feira frutificou no ano 1999 coa declaración como Festa de Galicia de Interese Turístico por parte da Xunta de Galicia e vese corroborada ano tras ano pola masiva afluencia de público no día grande da feira, que adoita colapsar Lalín coa chegada de máis de 50.000 persoas.

    O día 7 de febreiro, a tradición volverá imporse na programación da xornada e o colorido das carrozas, charangas, comparsas e grupos de gaitas farase dono das rúas de Lalín trala lectura do pregón, xa que este ano xa está confirmada a participación dun total de 25 grupos, non só procedentes das parroquias de Lalín, senón tamén doutros puntos como Maside, Palas de Rei, Pontevedra, Burela, Poio, Vilagaracía, Campolameiro, etc.

    A propia feira será outro dos principais atractivos, xa que os mellores produtos das fértiles terras de Deza exporanse nos numerosos postos instalados no Campo da Feira Vello, ofrecendo un delicioso percorrido visual e aromático a quen camiña entre eles. Exquisitas viandas como a carne de porco, os chourizos, a carne de vacún e outros produtos característicos da bisbarra partirán para toda Galicia amosando que Lalín é sinónimo de cocido.

    lalin-2010-42-feira-do-cocido-foto-pregoeiraA actriz María Castro é a pregoeira da XLII edición da Feira do Cocido de Lalín

    PROGRAMA DE ACTOS DOMINGO 7 10.45 horas. Auditorio Municipal. Celebración do Capítulo Xeral da Encomenda do Cocido. 11.45 horas. Casa do Concello. Recepción do Pregoeiro. 12,00 h.- Apertura da feira (saída da Praza do Concello). 12,30 h.- Pregón no palco presidencial. 13,00 h.- Desfile de carrozas, charangas e comparsas. FORMACIÓNS MUSICAIS, CHARANGAS E COMPARSAS
    1. BANDA DE MUSICA DE LALÍN
    2. BANDA DE GAITAS “OS DEZAS”, DE MONEIXAS
    3. COMPARSA “OS AZUCARADOS”, DE MASIDE
    4. COMPARSA “OS MARCHOSOS”, DE PALAS DE REI
    5. COMPARSA “RÍAS BAIXAS”, DE PONTEVEDRA
    6. CHARANGA “OS RÁPIDOS”, DE BOTOS
    7. CHARANGA “OS FARILLOS”, DE SAN CIBRAO
    8. CHARANGA “O MELLOR DE CADA CASA”, DE BURELA
    9. COMPARSA “OS CANECOS”, DE POIO
    10. CHARANGA “PATAQUEIRADA”, DE BURELA
    11. CHARANGA “OS SOLFAMIDAS”, DE CAMPOLAMEIRO
    12. CHARANGA “OS PAPARIKAS”, DE POIO
    13. COMPARSA “AS MARCHOSAS”, DE ARCADE
    14. COMPARSA “OS REMOLÓNS”, DE VILAGARCÍA
    CARROZAS
    1. ASOCIACIÓN “A CARQUEIXA”, DE A VEIGA
    2. ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE SELLO
    3. CABALEIROS DE LALÍN
    4. COOPERATIVA DE BOTOS
    5. ASOCIACIÓN SANTA MARIÑA DE PESCOSO, DE RODEIRO
    6. GRUPO DE BAILE “A CARBALLEIRA”, DE CERCIO
    7. ASOCIACIÓN “A BALOUTA”, DE MUIMENTA
    8. CABALEIROS DE DEZA
    9. CARROZA AGRUPACIÓN DE RODEIRO
    10. ASOCIACIÓN CULTURAL “O ROXEDOIRO” DE PALMOU
    11. CARROZA “LOCO PARÍS”, DE SAMIEIRA-POIO

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook