Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Facéndolles fronte ás adversidades

    Redondela 2012 - Festa do Choco - cartel A orquestra Atlanta continúa coa súa axenda de traballo e actuou esta pasada noite na Festa do Choco de Redondela

    Esta fin de semana estase a celebrar a Festa do Choco en Redondela. E no programa festivo estaba prevista a actuación, onte pola noite, da orquestra ATLANTA acompañada doutra formación musical. A banda de Ponteareas, que hai uns días sufría un incendio na autoestrada que calcinaba por completo o seu escenario, decidiu valentemente continuar coa súa axenda e cubrir a festa tocando no escenario do grupo ALCOTÁN, que será o encargado de cerrar hoxe as festas.

    Desde o facebook da orquestra dan as grazas a toda a xente (moita) que os apoiou nestes momentos difíciles e tamén a todas as orquestras e grupos que lles brindaron a súa axuda para poder continuar traballando. A fatalidade esta semana quixo levar por diante o escenario da orquestra, que contiña xa a nova montaxe para esta temporada e que acababan de estrear na fin de semana; pero non poderá co traballo e grande esforzo de toda a formación para poder seguir cumprindo co seu traballo. Con palco ou sen palco a orquestra segue adiante; será unha temporada moi dura para a formación musical e os esforzos para seguir adiante están a ser incribles, pero os compoñentes de ATLANTA miran cara a adiante e continúan co seu traballo, facéndolles fronte ás adversidades.

    Moito ánimo e forza para a orquestra ATLANTA!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook