Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Estamos ante a nova orquestra Suavecito?

    Orquesta Suavecito 2012 - cartel A orquestra Suavecito vén cargada, en 2012, de sorpresas e novidades. A primeira, o novo cartel que adianta un cambio de imaxe e de rexistro na formación musical cambadesa

    Impresionante é a palabra que se nos ocorre para cualificar a nova imaxe da orquestra SUAVECITO. Querendo imitar o cartel dun filme de décadas atrás, pola tipografía de letra e incluso a vestimenta dos compoñentes, a orquestra de Cambados (lugar onde se tirou a sesión de fotos previa) presenta unha imaxe renovada, novos compoñentes na voz masculina e músicos e, tamén, nova filosofía.

    Por cambiar ata hai cambio de axencia de espectáculos e toda unha declaración de intencións para esta nova temporada que nos permite afirmar que estamos diante dunha nova orquestra que manterá os principais valores que defendeu ao longo de máis de trinta anos, pero con cambios de importancia na presentación, montaxe e repertorio.

    Porque aínda que SUAVECITO siga sendo en esencia SUAVECITO, pode haber certo cambio cara a un tipo de repertorio que mire máis á boa música dos anos 70, e aínda que non se deixe de lado a cumbia nin outros tipos musicais máis verbeneiros, parece que a dirección da orquestra quere apostar por ese camiño para ofrecer algo orixinal e diferente.

    De momento estano conseguindo. Para empezar podes descargar o afiche da nosa galería de Flickr (clicando na imaxe) a toda pantalla con gran tamaño e resolución. Grazas a Mero Afonso, quen asina o cartel e a sesión de fotos previa, por facilitarnos o traballo e permitirnos poder ofrecer o novo afiche da orquestra SUAVECITO como se merece: pola porta GRANDE!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook