Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Abril
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Esta noite Costa Oeste e Jerusalén en terras arteixás

    Costa Oeste - 2010 - 011 - RianxoA orquestra Costa Oeste estará acompañada esta noite por Jerusalén, na festa anual que por estas datas organizan os veciños de Larín, en Arteixo

    A localidade de Larín, en Arteixo, ofrece esta noite a súa festa anual con boa música, como vén sendo habitual. Por estas datas a localidade arteixá convoca a veciños e visitantes a unha gran churrascada na que, por só oito euros, se poderá degustar, ademais do churrasco, de chourizos e torta larpeira. A continuación, é a hora de bailar ao ritmo de orquestras de renome: COSTA OESTE e JERUSALÉN son as escollidas para a cita de 2013. As formacións musicais van ofrecendo xa as novidades nos repertorios para esta temporada.

    Esta noite a festa instálase en Larín (Arteixo): churrascada, verbena e mesmo sorteo dun televisor. A Larín acudirán veciños do concello e doutras zonas da comarca. A ocasión ben o merece.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook