Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Especial Festas das Flores

    Arteixo 2012 - Festa das Flores - cartelUn cartel moi orixinal para a Festa das Flores de Arteixo, que se celebra esta fin de semana igual que noutros puntos de Galicia

    Tapeo, música de dj, orquestras de renome, alfombras florais, degustación de callos, campionato de tute e un longo etcétera nestes días nos que se celebra en diversos puntos de Galicia a Festa das Flores. Na noite do venres empezan en Dordaño (Cesuras) e Arteixo; o sábado continúan en Curtis e mais en Torneiros (O Porriño), e o domingo súmase Cis (Oza dos Ríos).

    En Arteixo actuarán diversas agrupacións musicais, unha banda atípica nas festas LA BANDA DEL CAMIÓN, e nomes de renome para as verbenas do venres e sábado: PARÍS DE NOIA e VERSALLES. As alfombras florais pola zona do balneario e paseo fluvial son xa un clásico nestas celebracións e a degustación gratuíta de empanada e callos (antes denominada Xuntanza dos Maiores ou Festa dos Callos), unha cita obrigada para a xornada do sábado.

    En Dordaño van de tapas a mesma noite que os arteixáns gozan da primeira das verbenas con PARÍS DE NOIA. Alí tamén haberá música moi variada. O grupo D'MODA e os DJ Marcos Magán e Manu GZ serán os encargados este ano da noite de máis troula en terras de Cesuras.

    En Curtis comezan un día despois a súa tradicional celebración. Non son festas grandes como as de agosto pero a programación está ben á altura para os tempos que corren. Alí os amigos de SAMBA acompañados da orquestra EMPERADORES poñerán a nota musical ao primeiro día de celebracións.

    Tamén o sábado empezan as festas en Torneiros (O Porriño) coa música das orquestras PALLADIUM e PONTEVEDRA. A orquestra MARBELLA será a encargada de cerrar as festas a noite do domingo.

    No caso de Visantoña (Mesía), o sábado tamén é a cita grande (e única) coa Festa das Flores. Unha gran sardiñada principiará a celebración, onde haberá espectáculo de discoteca móbil e, como non, orquestra en vivo e en directo con MADEIRA e a súa nova xira Tour XL, más grande que nunca.

    Madeira 2011 - orquesta - cartelA orquestra Madeira presenta este ano a súa proposta musical baixo a denominación 'Tour XL, más grande que nunca'

    O domingo é o día grande en Cis (Oza dos Ríos) coa música da orquestra NOVA IMPERIAL e un campionato de tute por parellas. En Cis tamén é a celebración "pequena" do ano, pois a grande espera a datas máis de verán.

    A xornada de domingo é a máis frouxa en case todas as citas, en Curtis actuará unha orquestra por determinar; en Arteixo só haberá sesión vermú (por primeira vez en moitos anos non haberá verbena de noite) e o mesmo ocorrerá en Dordaño, son cousas da crise, esta maldita crise que quere arrasar con todo.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook