Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Especial día grande de San Xoán na provincia de Lugo

    Orquesta Panorama 2012 - V Gala contra o cancro - 06A orquestra Panorama actuará en Sarria o día grande do San Xoán acompañada por Cinema mentres en Guitiriz farán o propio as formacións musicais Alarma e París de Noia. A música de Israel Espectáculo estará presente en Becerreá.

    FESTAS DE SAN XOÁN EN BECERREÁ, GUITIRIZ E SARRIA

    O San Xoán lugués pasa obrigatoriamente por tres localidades: Becerreá, Guitiriz e Sarria. O recorte nestas tres localidades luguesas é evidente. Con respecto ás anteriores edicións recórtase un día en todas elas. Nalgúns casos tamén hai menos orzamento para as actuacións musicais e pasan polos campos de festa menos formacións que en anos anteriores. Aínda así os programas son atractivos e sobre todo no día grande (domingo) inténtase captar festeiros con programacións musicais de calidade.

    BECERREÁ

    Só dous días de festa para este ano 2012. Se a orquestra TROVADORES era a encargada de abrir os festexos, a ISRAEL chegará na xornada do domingo para presentar a súa nova traxectoria cun plantel de músicos e vocalistas de primeirísimo nivel.

    GUITIRIZ

    Na localidade luguesa é moi famosa a Queima da fogueira e a sardiñada gratuíta da noite do 23. Pero os festexos comezaron xa o venres coa actuación da orquestra TANGO e unha Carreira Popular que xa leva varios anos celebrándose. Para a noite das fogueiras e sardiñas asadas a música de CICLÓN ameniza ata altas horas a véspera do patrón.

    O día grande en Guitiriz estará amenizado polas orquestras ALARMA e PARÍS DE NOIA. E aínda queda unha última xornada, a do luns, coa música de CANELA e a afamada orquestra SINTONÍA DE VIGO.

    SARRIA

    Tamén en Sarria houbo recortes, aínda que aquí tamén se presentaron novidades no programa, como a celebración dunha gala-concerto onde diversos artistas ofreceron os seus repertorios: KARINA, GISELA, ASTAROT e A RODA. Non se pode dicir que non houbo disparidade de estilos nesta gala que abriu o venres o San Xoán.

    O sábado, entre olor a madeira queimada e sardiñas asadas é a vez da orquestra ACORDES; e para o día grande contarase coa actuación das orquestras CINEMA e PANORAMA, que chega co seu espectáculo de 2012 MAGIC TOUR 2012. La gira del Sol.

    E máis concertos para rematar o luns as festas. Actuación gratuíta de MELENDI e última verbena de 2012 coa orquestra NUEVA GENERACIÓN. Desde logo o San Xoán de Sarria é dos máis diversos, con actuacións de moi diferentes estilos e verbenas ofrecidas por orquestras tamén diferentes entre elas. Un ano máis o San Xoán marca a diferenza por terras de Lugo.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook