Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Marzo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Escarabote, quilómetro cero da verbena

    Boiro 2014 - IV Festa da Xuventude de Escarabote - cartelTres grandes orquestras amenizan a IV Festa da Xuventude en Escarabote (Boiro)

    Esta noite de venres é a máis importante en Escarabote (Boiro), polo menos no ámbito festeiro. E xa van alá tres temporadas de éxito da Festa da Xuventude, polo que os veciños boirenses se deciden a potenciar esta celebración a pesar dos tempos convulsos que estamos a pasar. MARBELLA e PANORAMA repiten nesta edición, na que estarán acompañadas pola orquestra PARÍS DE NOIA con novidades no espectáculo e na montaxe.

    Aínda que non será a única, a MARBELLA LIGHTS SHOW tamén trae novidades na montaxe e na dianteira da orquestra, e PANORAMA estrea o seu SPACE TOUR 2014 na comarca. Ademais, as tres formacións musicais, á parte de ofrecer novidades no espectáculo, chegan con cambios nos compoñentes, sobre todo na parte vocal.

    A partir das 23 horas arranca a festa en Escarabote, nas inmediacións do pequeno porto pesqueiro da localidade. En pases de hora e media as tres orquestras darán o pistoletazo de saída ás festas 2014 no Barbanza. Na festa de hoxe haberá servizo de bar, e en canto ao tempo, parece que a noite se presenta con intervalos de chuvia.

    Hoxe Escarabote será punto de mira importante para os festeiros e convértese por un día no quilómetro cero da verbena galega.

    ________________

    Na páxina de Facebook da Festa da Xuventude de Escarabote podes ver vídeos e informarte sobre a última hora do evento: Festa Xuventude de Escarabote

    E se es de Noia tamén che pode interesar: Bus para Festa da Xuventude de Escarabote desde Noia

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook