Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Escarabote, quilómetro cero da verbena

    Boiro 2013 - III Festa da Xuventude de Escarabote - cartel

    Esta noite de venres é a máis importante en Escarabote (Boiro), polo menos no ámbito festeiro. E xa van alá dúas temporadas de éxito da Festa da Xuventude, polo que os veciños boirenses se deciden a potenciar esta celebración a pesar dos tempos convulsos que estamos a pasar. ACHÉ e PANORAMA repiten nesta edición, na que estarán acompañadas pola orquestra MARBELLA que será a última en acender as luces.

    A partir das 23:00 horas a orquestra de Vilanova de Arousa entrará en acción co seu novo repertorio, ou parte del, polo menos. Algunha cara nova na dianteira, onde destaca un novo vocalista procedente de EL COMBO DOMINICANO. Tamén cara nova na dianteira de PANORAMA. Daira Monzón substitúe a Lydia Salar na fronte da orquestra caldense. E para rematar, tamén cara nova en MARBELLA, aínda que a formación pontevedresa xa leva semanas actuando e xa se coñecía a incorporación da nova cantante, que neste caso é unha "volta a casa" pois xa traballara na orquestra. Eva Iglesias estará con Irene Iglesias na dianteira de MARBELLA.

    Horarios e orde de actuación

    Como diaciamos, a partir das 23 horas arranca a festa en Escarabote, nas inmediacións do pequeno porto pesqueiro da localidade. En pases de hora e media será ACHÉ a primeira en actuar, co seu espectáculo Gira 2012 + 1, seguida de PANORAMA, coa súa proposta Remember Tour 2013, e MARBELLA. Este é o horario e a orde de actuación facilitados pola organización das festas:

    De 23:00 a 00:15 Orquestra ACHÉ De 00:15 a 01:45 Orquestra PANORAMA De 01:45 a 03:00 Orquestra MARBELLA LIGHT SHOW De 03:00 a 04:15 Orquestra ACHÉ De 04:15 a 05:45 Orquestra PANORAMA De 05:45 a 07:00 Orquestra MARBELLA LIGHT SHOW

    Hai servizo de bar na festa e en canto ao tempo parece que vai haber sorte. Todo está preparado para arrancar, en horas, a III edición da Festa da Xuventude, esperando que acade tanto éxito, polo menos, como nas dúas anteriores citas. Hoxe a festa está no Barbanza, a primeira das grandes citas festivas da zona. Vémonos na festa!

    Boiro 2013 - III Festa da Xuventude de Escarabote - cartel presentación

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook