Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Febrero
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Entroido benéfico no Burgo

    Orquesta París de Noia 2011 - 001 - Abanqueiro (Boiro)París de Noia (na imaxe as súas dúas cantantes) foi a encargada de abrir a Festa do Cocido do Burgo, que hoxe cerran a orquestra Aché e o cantautor Hugo Torreiro / © Foto: roxegar  2011

    A I Festa do Cocido do Burgo chega hoxe ao seu último día. Despois de catro xornadas frenéticas de gastronomía e verbena, a quinta e última suma o factor benéfico á diversión, porque hoxe ten lugar a II Gala Benéfica contra o Cancro no Burgo.

    En Culleredo o ano pasado quixeron facer algo para recadar fondos para a unha das principais causas de morte no noso país: o cancro. Para iso organizaron unha macrofesta que este ano ten continuidade no paseo marítimo do Burgo e serve de colofón á I Festa do Cocido. A orquestra ACHÉ acompañada do cantautor HUGO TORREIRO (que ademais é veciño, pois vive na Costa da Tapia, a poucos metros do campo da festa, poñerá o toque musical e pechará esta convocatoria, esperemos, que ata o vindeiro ano.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook