Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Entre bailes e troitas

    Oroso 2012 - Festa da troita de Sigüeiro - cartelEsta fin de semana ten lugar unha nova edición da Festa da Troita en Sigüeiro (Oroso). A festa supera os 15 anos de existencia

    En Oroso esta fin de semana están de festa grande. Concretamente en Sigüeiro vai ter lugar unha nova edición da Festa da Troita. Numerosas actividades atraerán o público ata a alameda de Góis onde durante tres días poderemos gozar de moitos actos festivos e boa música da man de orquestras de primeira liña.

    Oroso 2012 - Festa da Troita de Sigüeiro - cartel 2Completo programa en Sigüeiro onde, por haber, ata haberá exposición sobre o traxe andaluz ademais doutras actividades relacionadas coa troita e a típica feira de artesanía e oficios

    E dentro da Festa da Troita xa é un clásico o festival OROSO EN VIVO onde dúas das consideradas mellores orquestras do momento actuarán na noite do venres. PARÍS DE NOIA, que empezará a festa, e OLYMPUS, presentando parte do seu novo espectáculo El futuro comienza hoy, serán as encargadas de abrir as festas en Sigüeiro no apartado musical.

    O sábado actuarán outras dúas formacións musicais ben coñecidas: FANIA BLANCO SHOW e SALSA ROSA.

    Xa o domingo, tanto a sersión vermú como a última das verbenas estará amenizada pola orquestra LA BÁMBOLA, que este ano trae moitas novidades, nova montaxe, novo escenario e un completísimo repertorio para todas as idades e todos os públicos.

    PROGRAMA COMPLETO DA XVI FESTA DA TROITA DE SIGÜEIRO

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook