Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Enésima festa en Valga

    Valga 2011 - Festas en Carballiño- Xanza - cartelE non será a última. Hai uns días comentabamos neste blog que eran moitas as entradas con festas nos concellos de Valga e Pontecesures. Case todas as fins de semana tocou, durante o verán, promocionar unha festa nesta zona.

    Pois continuamos no noso empeño de dar a coñecer todas as propostas festeiras que nos cheguen e así temos que falar de novo de Valga, porque en Carballiño celebran durante o día de hoxe a Festa das Dores coa actuación de dúas formacións musicais: CASABLANCA e D'NOCHE, que ofrecerán os seus repertorios ata altas horas da madrugada.

    E xa avisei que non será a última. Se non me cres permanece atento porque para a semana cae outra, e xa van... buf, un lote, non me chegan os dedos da s mans para contalas!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook