Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 05
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    En Rianxo seguen de festa

    Rianxo 2011 - Festas de Leiro - cartelOs rianxeiros resístense a despedirse das festas ata o ano que vén. Coa Rianxeira aínda coleando (hai tres semanas se estaba celebrando), agora tocan as festas de Leiro. E non hai mellor forma que ofrecer produto made in Rianxo para empezar as celebracións: a orquestra ABANICO será a primeira en actuar nas festas que durarán tres días.

    MAGOS DE ESPAÑA e LA BÁMBOLA serán as seguintes orquestras en actuar na parroquia rianxeira, que chegará ao último día das celebracións con dúas orquestras de primeira liña como son PANORAMA e CHARLESTON BIG BAND.

    Esa mesma noite, a non moitos quilómetros, en Macenda-Moimenta, no veciño concello de Boiro, comezan as súas festas polo que coincidirán uns despedindo e outros dando a benvida á troula. En Boiro abrirá a orquestra MARBELLA cinco días de celebracións.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook