Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    En Moimenta van de festa ata o xoves

    Orquesta París de Noia 2011 - 005 - Abanqueiro (Boiro)

    A orquestra París de Noia cerra o próximo xoves cinco días de celebracións en Moimenta (Boiro) / © Foto: roxegar 2011

    Pois parece que non se acaban as festas no Barbanza. Se hai pouco publicábamos que co Nazareno da Pobra parecía que viña o final das celebracións á comarca, estabamos algo trabucados. Despois de Leiro (Rianxo) aínda quedan as de Moimenta. E nada menos que cinco días de festa con orquestras de primeira liña para esta parroquia de Boiro que será durante case toda a semana centro festeiro en todo o Barbanza.

    A orquestra MARBELLA é a encargada de abrir o programa (domingo), o luns outra das grandes, COSTA OESTE actuará o luns, o martes é a vez para a orquestra PHILADELPHIA, mércores actúan os amigos de ACHÉ e xoves cerra a PARÍS DE NOIA. Desde logo non se pode dicir que o programa festivo de Moimenta non ofrece calidade, todas as orquestras participantes este ano son consideradas de primeira liña. En Boiro vaise notar a festa estes días cun gran programa para, esta vez si, irse despedindo das celebracións ata o ano que vén.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook