Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    En Festa a Festa o Día das Letras é todo o ano

    Aínda que en Festa a Festa o Día das Letras Galegas é cada un dos días do ano, todos, xa que é en galego a nosa forma de expresarnos e de vivir, non queremos deixar de celebrar hoxe a xornada especial para as nosas letras e a nosa cultura, dedicado este ano a Valentín Paz Andrade. Con música en galego da man da orquestra CANADÁ, vídeo do ano pasado, no que a formación musical ofrecía un popurrí de tres temas indispensables na nosa historia musical interpretados polos vocalistas e a música dun piano e un saxofón.

    Non fai falta máis, e cando hai boa música o resto pode chegar a sobrar, para mostra o vídeo de hoxe.

    FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook