Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    En Couso están de festa catro días

    Samba 2012 - grupo - cartelCouso (Gondomar) pode gozar das súas festas ata o próximo domingo cun variado cartel musical composto por grupos e orquestras punteiros. A primeira noite de festa é hoxe, a cargo do grupo SAMBA e da orquestra OLYMPUS. Cada un no seu, son dúas formacións destacadas polos seus repertorios e bo facer. A orquestra acaba de presentar o seu novo espectáculo e o grupo presenta unha imaxe renovada cunha nova voz masculina que lle achega á formación musical o aire que lle faltaba, quizais, para cubrir todos os tipos de festa. O grupo ten unha boa carga de traballo grazas aos froitos do esforzo, sobre todo, desta pasada temporada.

    LA OCA e ATENAS serán os grupos convidados para a segunda xornada festeira que celebran en Couso co motivo dos Remedios, e as orquestras TV NORDÉS e ABANICO actuarán a noite do sábado. Para rematar o domingo, a BANDA DE MÚSICA DE GULÁNS ofrecerá unha sesión vermú que poñerá punto final ás celebracións ata o próximo ano.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook