Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Octubre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Eli Guillén cruza a ría de Arousa

    Orquesta Abanico 2012 - Foto Elizabeth Guillén 2Elizabeth Guillén é a nova vocalista da orquestra Palladium no lugar de Fátima Pego

    A actual cantante da orquestra ABANICO de Rianxo é a nova fichaxe para PALLADIUM. A formación musical de Vilalonga (Sanxenxo) contará con Eli Guillén desde finais de novembro.

    A vocalista xa formara parte da orquestra NOVA PALMA de Corcubión antes de aterrar na dianteira da orquestra rianxeira. Agora simplemente terá que cruzar a ría porque á outra beira está a formación que a acollerá en 2013. Tanto en ABANICO coma en PALLADIUM haberá algún cambio máis. Os da primeira xa os coñecemos oficialmente esta madrugada, os de PALLADIUM iranse sabendo nos próximos días, pero contamos con que non sexan moitos pois a banda de Vilalonga leva desde a súa formación co actual nome sen facer cambios e a noticia da marcha de Fátima Pego para a PARÍS DE NOIA foi toda unha sorpresa.

    Coa entrada de Elizabeth Guillén na dianteira a orquestra manterá, de seguro, a súa liña fiel de orquestra de baile para todos os públicos no primeiro pase, e un segundo pase moito máis contundente e enfocado á xente nova.

    Orquesta Abanico 2012 - Foto Elizabeth Guillén 1A actual vocalista de Abanico pasará a formar parte da orquestra Palladium a finais de novembro

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook