Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    El Combo Dominicano, quentando motores en Galicia

    El Combo Dominicano 2012 - Presentación disco Esta tarde-noite na discoteca Teyma de Ponteceso terá lugar o priomeiro contacto de EL COMBO DOMINICANO cos seus seguidores galegos, que son moitos. A formación musical está a piques de poñer á venda en itunes, en moi poucos días, o seu novo traballo discográfico e a actuación de hoxe en terras galegas obedece á presentación do disco.

    Pero ademais, a actuación de hoxe será a primeira toma de contacto para a temporada 2012 en Galicia. Nunha presentación na que só estará a dianteira da orquestra e non os músicos. Con todo, Carlos, Davinia, Óliver e Néstor aproveitarán para intercalar cancións de sempre de EL COMBO DOMINICANO cos temas novos.

    Á venda en itunes da nova produción musical seguiralle, xa na temporada, a distribución física do CD por toda Galicia. Nesta nova entrega ofrécense 10 temas, uns totalmente novos e outros versións a merengue e cumbia de temas coñecidos.

    En palabras de Cirano Núñez, director musical da orquestra, para a actuación de hoxe día 24 en discoteca Teyma, "sólo actuará la delantera debido a que los traslados de todos los músicos desde Canarias era muy costoso. Aunque no es lo mismo una actuación con toda la orquesta, nosotros nos atrevimos a coger esta actuación ya que nos hace mucha ilusión volver a ver a toda esa gente que nos apoya y le gusta nuestro trabajo y vamos a ir con todo el respeto del mundo a pasar un ratito con toda esa gente que nos muestra tanto cariño por cada rincón de Galicia que vamos".

    Ademais, para a actuación de hoxe, estase organizando un bus (información colocada estes días na nosa páxina de Facebook), para ir ver a EL COMBO DOMINICANO a Ponteceso desde a zona do Salnés e Santiago, con varias paradas de recollida e que sairía sobre 10 € por persoa. Os interesados téñense que poñer en contacto mediante mensaxe privada a través de facebook (Susy Touris Prado -encargada do bus-).

    Esta será a primeira actuación de EL COMBO, diferente e moi especial. En breve toda a orquestra estará ofrecendo a nova e espectacular temporada 2012.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook