Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Septiembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    El Combo Dominicano: da Barca á Barquiña

    Ponteceso 2012 - Festas da Barquiña - cartel Son dúas grandes citas na Costa da Morte. A Romaría da Barca e as festas da Barquiña. Muxía e Ponteceso "compiten" por acoller o maior número de festeiros nas súas celebracións. As primeiras comezaban o venres con tres formacións musicais que congregaron a multitudes; o mesmo pasou o sábado con outras tres, como xa é tradicional na noite de máis troula en Muxía. O domingo, día grande no que acoden milleiros de romeiros ao santuario da Virxe da Barca, de novo verbena con dúas orquestras: PANAMÁ e EL COMBO DOMINICANO, que xa é case unha habitual desta popular romaría, din que a máis importante de Galicia.

    Pero a orquestra canaria, a piques de coller o avión e despedirse ata o ano que vén de terras galegas, aínda non cerrou en Muxía o seu periplo pola Costa da Morte, pois a formación musical estará esta noite nas festas da Barquiña acompañada pola orquestra PRINCIPAL, en Ponteceso, unhas celebracións que comezaban o sábado e rematarán mañá martes a cargo do grupo SAMBA e da orquestra PARÍS DE NOIA. Un remate por todo o alto como o que se dará hoxe en Muxía da man de PALLADIUM e PANORAMA.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook