Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    El Combo Dominicano aterra co seu espectáculo nas festas de Paiosaco

    Orquesta El Combo Dominicano 2012 - cartelA orquestra canaria El Combo Dominicano inaugura esta noite a temporada galega en Paiosaco (A Laracha)

    Dobre noticia nesta entrada de Festa a Festa. Por unha banda as celebracións máis importantes de Paiosaco (A Laracha) que comezan hoxe; e doutra, que a banda canaria EL COMBO DOMINICANO é a encargada de abrir as festas do Sacramento en Paiosaco inaugurando a nova xira 2012 en Galicia.

    Baixo o título Se armó la fiesta, chega EL COMBO unha temporada máis a Galicia para cubrir a temporada de verán na nosa comunidade. Ritmos moi latinos, aos que xa nos teñen acostumados de todas estas temporadas, e novidades tanto na montaxe como no repertorio para asinar de novo unha temporada cargada de festas.

    Pero sendo a novidade máis destacable das festas de Paiosaco, non será a única formación musical que pase estes días por terras larachesas. Acompañada do grupo ATENAS, a orquestra canaria será a primeira grande atracción deste ano.

    Para a noite do domingo contarase co grupo asturiano TEKILA, que xa ten actuado en Paiosaco noutras ocasións. E para rematar o luns, de novo chegará a orquestra PANORAMA para cerrar as celebracións un ano máis. Co seu espectáculo MAGIC TOUR 2012. La gira del Sol, PANORAMA atraerá a milleiros de festeiros que aínda en día de semana encherán o campo de festas. Ademais, a orquestra non estará soa, o grupo pontevedrés OCÉANO abrirá a última verbena deste ano en Paiosaco.

    Será a última verbena do Sacramento, pois na primeira fin de semana de xullo volverá a haber festas no campo dunha das feiras máis importantes da comarca. Chegará a Festa das Cereixas coa actuación de dúas formacións musicais ben coñecidas, o sábado e o domingo. Mentres gocemos das festas grandes en Paiosaco...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook