Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    E seguimos de festa por terras ribeirenses

    Ribeira 2012 - Festas da Virxe da Guía en Carreira - cartelCartel de elaboración propia coas citas musicais das festas da Virxe da Guía, en Carreira (Ribeira)

    Se hai pouco estabamos de festa en Aguiño ou puidemos gozar da romaría de santo Alberte no alto do polígono de Xarás, en Ribeira seguimos de celebracións, desta volta en Carreira. A localidade celebra un ano máis as súas festas máis grandes, a Virxe da Guía, e aínda que hai actividades deportivas, relixiosas e outras opcións para pasalo ben, o forte nestas festas é a dobre verbena os dous días de conmemoración.

    E xa é habitual que cheguen a Carreira grandes nomes de orquestras do momentos. Unha habitual, PANORAMA, aterra no campo da festa un ano máis, neste caso acompañada por outra das "grandes", CHARLESTON BIG BAND. Mañá luns chegarán á vila SALSA ROSA e a PARÍS DE NOIA con nova montaxe que está estreando esta mesma fin de semana.

    Ademais da opción festeira en Carreira, no corazón do concello hai outra cita musical, neste caso a orquestra ACHÉ acompañada dalgunhas voces como PILI PAMPÍN, SABELA, MANOLITO EL PESCADOR ou ANA PAZ  (a voz máis nova de todas as que actuarán e veciña ribeirense) poñerán o seu gran de area por Paula, a nena boirense pola que tanto se están volcando os concellos da redonda. "Yo canto por Paula" é unha nova proposta para esta tarde de domingo en Ribeira.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook