Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Junio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    E máis festas de Santo Antón, esta vez en Rois

    rois-oin-2010-san-anton-cartelE seguimos publicando carteis de festas para a vindeira fin de semana. Esta vez temos que ir ata unha parroquia do concello coruñés de Rois, Oín. Os veciños de Oín preparan xa as celebracións do patrón con dous días de festa e a actuación das seguintes formacións musicais:

    O venres día 11 as orquestras ACHÉ e CINEMA. A primeira acaba de presentar o seu novo escenario e irá introducindo novidades en cada actuación ata completar o novo espectáculo que se está a preparar para este verán. En Oín seguro que haberá sorpresas.

    CINEMA presenta novas voces femininas para esta temporada, Vanessa Fernández (que xa estivera na formación cando era un grupo) e Noelia Solleiro.

    O sábado día 12 será a orquestra SALSA ROSA a encargada de amenizar a verbena. Estará acompañada polo espectáculo dunha discoteca móbil. A orquestra feminina, aínda que hai algún home na formación musical, presenta dous únicos cambios nas voces e tamén está a ofrecer o novo repertorio para 2010.

    Festa asegurada en Oín, no concello de Rois. Unhas datas para ter en conta.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook