Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Abril
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Duelo de orquestras a través das ondas

    Marbella Lights Show 2014 - cartel

    A orquestra Charleston Big Band de Padrón visita a Radio Galega mentres a pontevedresa Marbella estará en Radio Valga

    O programa Palco de Estrelas de Radio Valga, conducido por Daniel Seijas, trae hoxe un programa de luxo. Varios compoñentes da orquestra MARBELLA LIGHTS SHOW acompañarán ata altas horas da madrugada a Daniel nunha nova edición do exitoso formato verbeneiro. Víctor Rodríguez (o xefe) e as cantantes Irene e Eva Iglesias estarán en Radio Valga para comentarnos a temporada dunha das orquestras que máis fama alcanzou nestes últimos anos e unha das máis demandadas polas comisións de festas. Os oíntes poderán falar con eles a través do 986 55 97 36.

    E antes de poder escoitar e falar cos compoñentes de MARBELLA, Daniel Seijas conversará con Félix Cabodevila, xerente de LugoNorte de Espectáculos, a axencia que cada ano organiza Expoverbena en Lugo, para avanzar unha das citas máis importantes e xa consolidada no calendario verbeneiro galego e que terá lugar mañá venres e o sábado coa participación de dez formacións musicais.

    Orquesta Charleston Big Band 2014 - cartel 3

    Por outro lado Marcial Mouzo, presentador de Pensando en ti, da Radio Galega, ten visita no estudio. Algúns compoñentes da tamén famosa CHARLESTON BIG BAND de Padrón estarán no programa para falar da nova temporada. Ademais, como cada noite de venres (porque o programa comeza ás dúas da mañá) acompañará a Marcial Jorge Menéndez, da orquestra JERUSALÉN, que a ben seguro nos ofrecerá algún tema cantado coa CHARLESTON.

    Esta noite e madrugada os adictos ás verbenas e ás orquestras temos un dilema que resolver: a CHARLESTON na RG ou a MARBELLA en Radio Valga? Moitos teremos prendida a radio e o ordenador para simultanear as dúas emisoras, pois a ocasión así o merece. Non podemos permitirnos o luxo de perder de escoitar a dúas das grandes orquestras do momento. O bo disto? Que Palco de Estrelas comeza ás 20.00 horas do xoves e Pensando en ti ás 2.00 da madrugada do venres, e aínda que coinciden varias horas, cando comeza Marcial Mouzo xa o programa de Daniel vai moi avanzado.

    Esta noite vai ser moi longa, con MARBELLA e CHARLESTON BIG BAND. Non o perdas!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook