Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Dous días de festas grandes en Eirón

    Mazaricos 2012 - Festas de San Félix en Eirón - cartelEn Eirón, Mazaricos, están de festas durante dous días. E nada mellor que poder ofrecer un cartel composto por catro formacións musicais ben coñecidas. Porque ás dúas orquestras de referencia, OLYMPUS e PANORAMA, súmanselles un grupo que está traballando moito este ano e unha orquestra que chega desde Corcubión e que actúa moito pola zona: TRIUNFO e NOVA PALMA completan o cartel en Eirón para poder gozar dunhas festas de referencia na zona. E este ano aínda máis tendo en conta o drástico recorte que sufriron outras celebracións no mesmo concello.

    Outro dos atractivos destas festas é que o aparcadoiro é gratuíto, cousa que se agradece nestes tempos de crise, pero tamén hai que ter en conta o esforzo da Comisión de Festas ao prescindir dunha fonte importante de ingresos.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook