Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Abril
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Dous anos sen André Medeiros

    André Medeiros - Orquesta Panorama 2008 - 04

    Xa van alá dous anos da morte de André Medeiros, percusionista durante sete anos da orquestra PANORAMA e tres en COSTA OESTE. André tamén foi o primeiro en Galicia en facer as performances das teas na PANORAMA, novidade nas orquestras hai unha década e hoxe perfectamente integradas na orquestra caldense, e posteriormente tamén en COSTA OESTE. Desde Festa a Festa tamén queremos recordar este día poñendo no noso blog o vídeo que recolle a homenaxe da orquestra caldense en 2012 na V Gala contra o Cancro igual que os nosos compañeiros de orquestas.tk; un recordatorio dalgunhas das páxinas que nos dedicamos de forma altruísta a enxalzar as festas, verbenas e orquestras do noso país.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook