Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Abril
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Do mellor de cada casa en Tremoedo

    Vilanova de Arousa 2014 - IV Festa da Xuventude de Tremoedo - cartel O grupo asturiano ASSIA e a orquestra portuguesa Funçao Públika acompañan a Olympus de Negreira na IV Festa da Xuventude de Tremoedo, en Vilanova de Arousa

    Cita importante en Tremoedo (Vilanova de Arousa). Se nas tres edicións pasadas deste xa popular evento se contaba coa actuación de dúas das mellores orquestras do momento, desta volta serán tres as formacións musicais que amenizarán a Festa da Xuventude. E non son precisamente descoñecidas as que tocarán este ano no campo de herba detrás do polígono industrial; máis ben diariamos que son de primeirísima liña.

    Porque entre os primeiros lugares das formacións asturianas está o grupo ASSIA, que será o primeiro en actuar a partir das 22.30 horas. Tampouco podemos dicir que non sexa coñecida no seu país a orquestra FUNÇAO PÚBLIKA, unha das grandes en Portugal e que despuntou en Galicia as pasadas dúas temporadas polo seu repertorio e espectáculo. Por último, do lado galego, a popularísima orquestra OLYMPUS, considerada desde hai anos unha das mellores de Galicia e das que máis seguidores congrega nos campos de festa.

    Co melloriño de cada casa non é difícil que a nova edición da Festa da Xuventude de Tremoedo sexa todo un éxito, e ademais sen predición de chuvia. ASSIA + FUNÇAO PÚBLIKA + OLYMPUS, cartel de luxo para esta noite en terras de Vilanova de Arousa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook