Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Febrero
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Dúo Calú 2013, a volta de Alma Beatriz

    Dúo Calú 2013 - cartelDúo Calú 2013 está formado por Calú Méndez e Alma Beatriz

    DÚO CALÚ 2013 xa está preparado para ofrecer a súa música en eventos e festas. E a agrupación musical refórzase de cara á nova temporada cunha voz feminina de excepción. É a volta de Alma Beatriz, a que foi vocalista durante os últimos anos da mítica orquestra coruñesa LOS SATÉLITES.

    Desde hai uns anos Calú Méndez ofrece o seu traballo fóra das orquestras; ao que fora voz principal, entre outras agrupacións, do grupo CINEMA (hoxe orquestra) súmaselle nesta ocasión a potente voz e presenza de Alma Beatriz, coñecida vocalista durante anos de ALKAR e PHILADELPHIA e despois LOS SATÉLITES, orquestra na que estivo ata 2011.

    A cantante de Arteixo decidira daquela tomar un tempo de descanso e desaparecer da primeira liña das orquestras. Hoxe reaparece como parte feminina do dúo para volver a deleitarnos coa súa voz e presenza nas festas e eventos. Está visto que 2013 trae novidades importantes ao campo da festa, entre elas a potenciación deste tipo de agrupacións, e DÚO CALÚ vén máis forte ca nunca.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook