Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 05
    Septiembre
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Distinción festeira en terras viguesas

    Vigo 2013 - Festas dos Liñares en San Miguel de Oia-Canido - cartel Para destacar a festa de hoxe imos ata Vigo; porque en Canido comezarán dentro de dous días as festas anuais cun programa repleto de actividades durante catro días para celebrar as festas dos Liñares onde a música cobra a máxima importancia.

    E música de todos os estilos, porque cada día pasarán pola localidade bandas de música e agrupacións musicais, e mesmo unha banda filharmónica portuguesa. Ademais, grupos como a BANDA DOS BEBUCHOS ou RUXE RUXE coa súa música contundente, entre outros, amenizarán a noite de luns a golpe de rock.

    En canto ás verbenas, ademais da actuación de PILI PAMPÍN (o domingo), pasarán polo campo da festa orquestras e grupos arquicoñecidos: a proposta de baile de GALILEA, unha orquestra para todos os estilos como TELEVISIÓN NORDÉS e a verbena diferente que ofrece CLAXXON.

    A programación en Canido non pode ser máis variada. Boa festa!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook