Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 31
    Julio
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Discos saídos do forno

    Satélites

    Noticia da gravación de Los Satélites en Betanzos publicada por La Voz de Galicia hai unhas semanas

    As orquestras sacan a artillería pesada en forma de CD para a temporada alta das festas

    Moitos son os discos que están saíndo estes días ou están a piques de facelo. Hai unhas semanas a orquestra coruñesa LOS SATÉLITES atopábase na Praza Irmáns Naveira de Betanzos gravando temas e vídeos para o novo traballo discográfico. A semana pasada era a orquestra ALARMA, tamén coruñesa, a que lanzaba o seu novo traballo. Hai unhas semanas, os amigos do grupo SAMBA facían o propio presentando tamén o seu novo CD.

    PARÍS DE NOIA ten tamén traballo novo na rúa, o mesmo que a orquestra canaria ARMONÍA SHOW. Pola súa banda COSTA OESTE publicaba hai un par de semanas fotos no estudio de gravación dun novo CD. FILADELFIA tamén ensinaba fotos no estudio dos seus cantantes, etc...

    A orquestra TRÉBOL, a OLYMPUS, a COMPOSTELA, co gallo do seu 95 aniversario e algunha máis da que daremos información cumprida, o caso é que non será que non hai discos novos para levar a verbena a onde queiramos connosco. Moitos destes discos poderalos escoitar esta tarde-noite en PALCO DE ESTRELAS, o programa de Daniel Seijas en Radio Valga, como cada xoves, ata que o corpo aguante.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook