Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Enero
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    "Diario de un fetichista", o lado máis roqueiro de Uxío Mayo

    grupo-ciclon-2010-uxio-mayo

    UXÍO MAYO, DO GRUPO CICLÓN, LANZA EN BREVE NOVO TRABALLO EN SOLITARIO

    De sobra é coñecido no mundo da verbena, e para quen non lle soe o nome, é un dos vocalistas do grupo CICLÓN, o máis novo e o máis roqueiro. Pero onde Uxío Mayo, que así se chama o noso protagonista de hoxe, explota a súa faceta máis roqueira é en solitario, ata o punto de lanzar ao mercado o seu traballo en forma de CD.

    A cara máis roqueira de Uxío vese reflectida en Diario de un fetichista, nova entrega discográfica baixo a denominación de rock compostelán. Rock universal real postgrunge con temas fortes e baladas doces, con contido social e comprometido, letras duras pero tamén temas románticos.

    En Diario de un fetichista fálase de sociedade, filosofía, psicoloxía, ética, humanidades, amor, odio, festa, drogas, mulleres e rock and roll, o disco está producido por Carlos Arcay, líder do Yidorah, aínda que na produción executiva tamén esta o propio Uxío. A partir de febreiro estará dispoñible á venda e tamén se poderá descargar en gran calidade.

    Diario de un fetichista é o cuarto traballo en solitario da voz de CICLÓN; os tres discos anteriores están dispoñibles en mediafire. Tamén haberá DVD en directo e o lanzamento doutro traballo, esta vez de hip hop baixo o nome de MC Divago, todo isto a maiores da nova xira que CICLÓN prepara para a temporada 2011 con nova montaxe e novo repertorio. Pero esta xa é outra historia que retomaremos en breve...

    Grupo Ciclón - 2010 - 048 - Ribeira

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook