Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Junio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Dexo marca a diferenza un ano máis

    Marbella 2012 - orquesta - cartelA orquestra Marbella abre esta noite, co grupo pontevedrés Triunfo, as festas de Dexo (Oleiros)

    En Oleiros (A Coruña) os veciños de Dexo celebran un ano máis as súas festas de Santo Antón. As celebracións de Dexo non traen este ano novidades salientables; só cabe destacar que se mantén o nivel das festas a pesar da crise, e para iso contarán con dúas das orquestras que máis veces actuaron na localidade: MARBELLA  e PANORAMA. Ademais mantéñense citas xa de rigor no programa: a Festa da Cervexa e a gran churrascada do domingo.

    Desde as 20.00 horas de hoxe venres ten lugar a Festa da Cervexa, que chega á súa XI edición. A orquestra MARBELLA compartirá noite co grupo pontevedrés TRIUNFO.

    Mañá sábado, despois da sesión vermú, haberá un campionato de tute (16.00 horas). Pola noite, a orquestra ESTRELLAMAR acompañará a PANORAMA que volve de novo a Dexo.

    A xornada do domingo é puramente gastronómica; nela terá lugar despois da sesión vermú a gran churrascada. Tamén haberá un grupo de animación infantil (AXIÑA) e xa pola tarde, a final do campionato de tute.

    A cita en Dexo, de novo, é das máis atractivas da zona.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook