Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Diciembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Despega a nova Versalles 2012

    Nova dianteira da orquestra Versalles. De esquerda a dereita Lidia Sueiro, David Bouzón, Cristian Verdugo e Marian Grifasi. Dianteira totalmente renovada para unha orquestra que dará moito que falar en 2012

    Como será a nova orquestra VERSALLES poderémolo saber recibindo o ano novo en Arteixo (A Coruña) porque alí, na Avenida do Balneario, é o lugar escollido para a estrea dunha formación musical que dará moito que falar. Hoxe podemos saber quen comporá a dianteira completa da banda coruñesa, que se enfronta a unha remodelación moi importante nas súas filas.

    Na dianteira todos son novos, que non novatos. DAVID BOUZÓN e LIDIA SUEIRO son os dous primeiros nomes que se deron a coñecer. Ambos cantantes xa coincidiron no grupo CHASTON hai dous anos, alí empezaba a súa carreira musical a novísima Lidia, unha rapaza que xa puidemos ver nalgunha actuación ocasional con OLYMPUS cando aínda era practicamente unha nena. O seu soño foise facendo realidade e despois de debutar no citado grupo, pasou unha temporada na dianteira da tamén coruñesa orquestra CENIZA. Agora chega a VERSALLES e coincide de novo con BOUZÓN, outra cara nova para a dianteira da banda. O canario pasou por ALARMA (onde debutou), LOS PRÍNCIPES (quizais a etapa onde se fixo máis coñecido), CHASTON e JUAN MALLO. Na etapa da orquestra coruñesa LOS PRÍNCIPES coincidiu con CRISTIAN VERDUGO, a terceira novidade en VERSALLES. Cristian debutaba na citada orquestra e despois pasou a formar parte de VERANO AZUL. Por último, para completar o cuarteto de voces, incorpórase MARIAN GRIFASI, vocalista que xa ten un disco en solitario e que hai un par de meses se propoñía para formar parte da orquestra BREIXA BAND. Finalmente será en VERSALLES onde poderemos gozar da súa forza no escenario.

    No apartado de músicos contarase con DIEGO MOREIRA á guitarra, e que moitas veces poderemos ver coa dianteira xa que o músico, ademais de tocar a guitarra, canta e baila, polo que será un complemento ideal para unha dianteira moi completa.

    Probablemente sairán máis nomes de músicos nos próximos días pero, o que si é certo, é que a banda ao completo estreará andaina recibindo o ano novo en Arteixo. Agora si: VERSALLES 2012.

    Felicitación da dianteira de Versalles 2012

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook