Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    De tapas polos Rosales

    A Coruña 2011 - Los Rosales de tapas - cartelIlustración de dous camareiros na Praza Elíptica para o cartel promocional do concurso de tapas no barrio dos Rosales (A Coruña), que xa vai pola súa terceira edición

    Non é o barrio máis novo da cidade pero aínda se pode considerar dos de máis recente creación. Os Rosales, na Coruña, mirando ao mar, prepárase un ano máis para as súas festas patronais. As celebracións do barrio teñen lugar na última semana de maio e xunto coa gran sardiñada organizada pola asociación de comerciantes unhas datas despois, son as dúas citas festivas máis importantes no barrio coruñés.

    E para ir facendo boca, e nunca mellor dito, a Asociación de Veciños convoca, por terceiro ano consecutivo, o concurso de tapas; unha iniciativa que tivo nas súas edicións anteriores unha grande aceptación. Con ela inténtase fomentar a actividade económica do barrio así como o consumo.

    Sen dúbida unha boa forma de achegarnos ás datas festivas do barrio, pois o concurso se levará a cabo durante as tres primeiras fins de semana de maio, a cuarta será a da festa e concretamente o día 28, no escenario da orquestra, serán entregados os premios. Por certo, o prato forte deste ano, a actuación o día 28 da orquestra ourensá LEDICIA ESPECTÁCULO.

    _______________________________________________________

    TODA A INFORMACIÓN SOBRE O CONCURSO DE TAPAS DOS ROSALES:

    http://avvrosales.blogspot.com/2011/05/iii-concurso-de-tapas-de-los-rosales.html

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook