Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Abril
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    De tapas polo Milladoiro

    ames-milladoiro-2010-ruta-das-tapas-cartel

    Aínda que as festas de máis sona do Milladoiro son as da Madalena, que teñen como día central o primeiro domingo de agosto, hai diversas celebracións nesta vila, case cidade, a escasos minutos de Compostela. Unha delas é a Ruta das Tapas, unha festa gastronómica que con só varios anos de existencia se está a converter en cita obrigada para veciños da vila, do concello e mesmo de fóra.

    Nesta edición os días de festa serán tres: o venres hai un festival de DJ e verbena con GLAMOUR. Tamén será o día no que se levará a cabo a Festa do Eurocubata. A formación TALISMÁN acompañará o sábado á orquestra ACHÉ, que chega ao Milladoiro para presentar o seu novo tour Celebra la vida e no que os compoñentes van integrando pouco a pouco pezas do novo espectáculo. En breve a orquestra ACHÉ lucirá novo escenario e poderemos escoitar o seu traballo discográfico.

    O último día, a xornada propia para ir de tapeo, estará amenizado pola orquestra PANAMÁ que xa comezará a súa actuación pola tarde, como vén sendo habitual nesta festa. E que dicir das tapas! Hai variedade para fartarse: navallas, champiñóns con xamón, churrasco, chourizo, empanadas de múltiples variedades, etc... E aínda quedarán máis cousas por dicir, por iso o mellor é ir aproveitar a Ruta das Tapas esta fin de semana.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook