Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de Gran Vigo

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Mayo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    De tapas e moito máis en Dordaño

    Cesuras 2012 - Festa das Flores en Dordaño - cartel Hoxe a festa instálase en Dordaño (Cesuras), alí hai toda unha batería de actos preparada para pasar unha noite de venres a toda tapa. Porque de tapas vai a cousa, e de música variada. O tapeo de Dordaño para celebrar a festividade das flores vai camiño de converterse en cita obrigada cada ano que pasa pois colle forza en cada unha das edicións; e se a tapa vai acompañada de boa música, moito mellor.

    O grupo D'MODA é o encargado da verbena este ano, pero a actuación non vén soa porque á formación musical acompáñana gogós e dous DJ de renome: MARCOS MAGÁN e MANU GZ, polo que a noite será completa en canto a estilos musicais.

    D'MODA afronta unha nova temporada con cambios importantes na dianteira: a vocalista feminina e unha voz masculina, Dani. A formación musical seguirá destacando como unha agrupación que, tendo en conta as súas características de grupo musical reducido, ofrece repetorios moi completos acompañados sempre de espectáculo, onde a música actual ten unha cabida importante sen menosprezar os estilos musicais propios dunha verbena de sempre.

    Esta noite volverano demostrar en Dordaño, onde a festa rematará o vindeiro domingo ao mediodía cunha sesión vermú. Hoxe tapeo e boa música en terras de Cesuras.

    Grupo D'Moda 2012 - cartel

    GRUPO D'MODA 2012

    Lidia voz

    Rubén voz

    Dani voz

    Osmel teclados

    Herminio batería

    Dennys bajo

    Christian guitarra

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook